20.12.05

en construcción I: paisaxes en fuga cara adiante


na imposibilidade
de realizar

ningún acto
disparo

e rápidamente recollo do chan os desperdicios
rápidamente enfrento un a un
todos os cadáveres


libro de poemas de Maiakovski

amor roubado a fío de navalla
lento o pasar dos días no retorno ás cavernas da razón


tanto ten a maneira na que me exprese, sempre serei ben recibida, ben considerada, ben rodeada de luz para que os meus pensamentos non erren a traxectoria
-ARBORES intactas diante do medo- unha circunferencia perfecta, un enigma, o paradiso necesario para ser expulsada del, co meu nome inscrito en cada froita
-non é esta en resumidas contas unha fotografía da paisaxe destilada que escorrega por entre as pernas?

-Non, é a túa identidade lingüística:
un planeta próximo a extinguirse, e BERRAR,
BERRAR

agora que as paredes da casa non me recoñecen,
agora que o meu corpo é transparente e ningunha linguaxe me compete

agora
debuxo paisaxes en fuga cara adiante
e permanazo inmóbil


é a única maneira de desprazarse

4 comentários:

puntodefuga disse...

ligazón á imaxe: http://www.sampaints.com/portfolio.html

eue disse...

Fermosos textos e imaxes.
Que máis dicías?

;-)

Anónimo disse...

Cando volves actualizar?

Anónimo disse...

se manoel antonio levantase a cabeza...